jueves, 23 de abril de 2015

A ORDE DAS COUSAS


Hoxe, querémosvos amosar un vídeo contra a violencia de xénero o cal coñecemos grazas a Amanda Díaz Pena, psicóloga e presidenta da Asociación Enriqueta Otero (Mulleres luguesas contra a Violencia de Xénero), tamen coñecida como ¨As Quetas". Ela é formadora da prevención contra a violencia de xénero ademais de ser informadora xuvenil. Por mor disto ela veu ao noso centro, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, a ofrecernos unha charla educativa apoiándose no vídeo. 

Neste enlace podedes visitar a páxina da Asociación.


Tras ver a primeira parte do video algúns compañeiros fixeron intervencións explicando os símbolos que aparecían na curta. Dito vídeo titulado A orde das cousas fala da vida de Xulia, unha moza casada e cun fillo que se atopa na bañeira. Grazas a posta en común entre todos e a axuda de Amanda podemos deducir o significado de símbolos como a bañeira, na que se refuxia. Esta simboliza a vida que non lle gusta debido ao maltrato que sofre polo seu marido. El, herdou un cinto do seu pai que simboliza o maltrato e o usa para atentar contra a súa familia e manter a orde das cousas na súa casa (así explicamos o título da curta). Durante a curta, ela intenta reunir o valor para facer fronte a situación simbolizada polas gotas que caen paulatinamente da billa. 
Como conclusión, vemos como Xulia rompe coa situación facéndolle fronte ao seu marido. Así podemos entender que todas as mulleres poden saír do maltrato e que nunca estarán soas grazas a xente como Amanda que está disposta a loitar polos dereitos das mulleres. Todas estas explicacións sobre os símbolos e sobre o argumento da curta as entendimos mellor grazas a axuda de Amanda, dado que ela incitounos a participar e a reflectir máis afondo sobre ao gran tema da violencia de xénero.


Tamén queremos facer algunha referencia á charla que tivemos xa que pareceunos moi educativa e interesante, dado que é un tema actual que nos rodea e estamos expostos a el continuamente. Amanda fixo a hora moi amena poñendo a primeira parte do vídeo para comentalo despois e ver as nosas impresións e opinións. Por último amosounos o desenlace e falamos entre todos sobre como influía e afectaba este problema na sociedade actual.
Pensamos que esta charla foi moi interesante e enriquecedora para nós, xa que vimos este grave problema desde unha perspectiva máis concienciada nas mulleres que sofren este maltrato. 
Na nosa opinión este problema está moi presente pero non está tan valorado como debería. Non se lle da a importancia que merece aínda hoxe, estando no século XXI.